A fotografia dixital permítenos facer miles de fotos sen custo algún, e ademais temos acceso a elas inmediatamente. Pero iso non foi sempre asi. Antes da era dixital, as fotografias tomábanse sobre un soporte fisico, sensible á luz ( a pelicula ) no que quedaba rexistrada unha imaxe latente. Esta imaxe latente facíase visible despois dun proceso quimico ao que chamabamos REVELADO despois do cal obtiñamos un NEGATIVO ou DIAPOSITIVA.

   En todas as nosas casas hai todavia unha cantidade enorme de negativos ou diapositivas deses anos, das cales é posible que non teñamos as copias en papel. Ofrecémosche a posibilidade de recuperar esas imaxes das vosas vidas ou das dos vosos pais e avós, e dispoñer delas en formato dixital, coma se fosen tomadas coas camara actuais.